Desafío 2: AGUANTA COMO POIDAS!🚧⛏


Velaquí os resultados dalgúns dos nosos grupos. A verdade é que conseguir construír a ponte autoportante de Leonardo da Vinci non foi tarefa doada pero...con paciencia e traballo en equipo todo se consegue! Viva esa coordinación!


***En breve actualizaremos o blog con información referida ao seguinte desafío.





Novo desafío á vista!👷📐📃

Xa está ao chegar a segunda rotación do obradoiro STEM e, con ela, un novo reto a acadar!
Ide pensando en que consistirá con axuda destas pistas, que vos axudarán a afrontar mellor ese desafío...

Imaxes extraídas de: 
https://piclitegt.pw/Estructuras-naturales-Estructuras-naturales-t.html
https://docplayer.es/19702622-1-estructuras-definicion-y-tipos-2-cargas-y-esfuerzos-en-las-estructuras-3-elementos-de-las-estructuras.html



Experimento I: CAÍDA LIBRE 🍳🍳🍳

Hoxe rematou a primeira rotación de STEM e xa todos os grupos enfrontaron o primeiro desafío: lanzar un ovo dende uns 5 metros de altura e conseguir que se manteña intacto.
A maioría dos grupos conseguírono, se ben outros descubriron por que non funcionou o seu invento.
                      


EXERCICIOS PARA UNHA MENTE STEM 📊🔬🔨🔎

Benvidos e benvidas ao obradoiro de STEM de 5º e 6º do CEIP Humberto Juanes!

Xa que en breve imos comezar as nosas actividades...que vos parece se comezamos a entrenar a mente para o STEM?


😏😏😏
Ide dándolle unha volta ás seguintes incógnitas ...
Tedes un pouco de axuda nas seguintes ligazóns.  ⬇⬇⬇



Como caen os corpos? (web)
Por que caen os corpos? (web)
A materia e as súas propiedades (blog)
A forza da gravidade (vídeo)
A gravidade e a caída libre dos corpos (vídeo)