O STEM ESTÁ DE VOLTA!!!👀📐🔋🔌🔧📝

Comeza un novo curso e os obradoiros retoman o seu camiño. O noso obradoiro mantense para 5º e 6º, con algunha que outra novidade.
Este ano afondaremos máis no método científico e na electricidade, tal como suxeristes o ano pasado.

Aquí tedes uns vídeos orientativos para ir entrando en materia:

O MÉTODO CIENTÍFICO







Seguinte reto: Alá vai!👀🔍

Un novo desafío achégase e aquí tedes algo de información que vos pode dar algunhas pistas sobre o que haberá que facer...

VÍDEO: A forza: 1ª lei de Newton
VÍDEO: Érase una vez...los inventores: Newton


Imaxe extraída de: http://fisicaleyesnewton15.blogspot.com/p/blog-page.html

DESAFÍO 3: DÁME A LATA👋

Xa está aquí o resultado dos proxectos de man robótica que os nosos alumnos e alumnas tiveron que levar a cabo nesta rotación do Obradoiro STEM. Non foi un reto doado e, ao mesmo que lles pasa aos inventores/as , enxeñeiros/as, científicos/as... non sempre se ten éxito no primeiro intento.

Antes do vídeo tedes as ligazóns aos vídeos que visionamos na aula: Dimitri, o rapaz que era un cíborg; as partes da man e as mans e brazos robóticos na industria.

Dimitri, o ciborg.
As partes da man.
Brazos robóticos na industria.



Ano novo, desafío novo!👀🔎💡

Coa chegada do 2019 poñemos de novo as pilas alcalinas e imos a polo 2º trimestre!
Comezan outra vez as rotacións dos obradoiros e a vindeira semana retomamos o STEM.

Para ir preparando as vosas mentes pensantes...aquí tedes algúns dos certeiros debuxos que Leonardo Da Vinci fixo a longo dos seus estudos da anatomía humana.



 Imaxes obtidas de:
http://es.nextews.com
www.pinterest.es