Velaquí os resultados do último desafío: uns xogos ben chulos para o resto de nenos e nenas do colexio.
Neste blog amosamos as actividades que o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Humberto Juanes de Nigrán realiza no seu obradoiro de STEM.
Seguinte reto: Alá vai!👀🔍
Un novo desafío achégase e aquí tedes algo de información que vos pode dar algunhas pistas sobre o que haberá que facer...
VÍDEO: A forza: 1ª lei de Newton
VÍDEO: Érase una vez...los inventores: Newton
VÍDEO: A forza: 1ª lei de Newton
VÍDEO: Érase una vez...los inventores: Newton
Imaxe extraída de: http://fisicaleyesnewton15.blogspot.com/p/blog-page.html
DESAFÍO 3: DÁME A LATA👋
Xa está aquí o resultado dos proxectos de man robótica que os nosos alumnos e alumnas tiveron que levar a cabo nesta rotación do Obradoiro STEM. Non foi un reto doado e, ao mesmo que lles pasa aos inventores/as , enxeñeiros/as, científicos/as... non sempre se ten éxito no primeiro intento.
Antes do vídeo tedes as ligazóns aos vídeos que visionamos na aula: Dimitri, o rapaz que era un cíborg; as partes da man e as mans e brazos robóticos na industria.
Dimitri, o ciborg.
As partes da man.
Brazos robóticos na industria.

Ano novo, desafío novo!👀🔎💡
Coa chegada do 2019 poñemos de novo as pilas alcalinas e imos a polo 2º trimestre!
Comezan outra vez as rotacións dos obradoiros e a vindeira semana retomamos o STEM.
Para ir preparando as vosas mentes pensantes...aquí tedes algúns dos certeiros debuxos que Leonardo Da Vinci fixo a longo dos seus estudos da anatomía humana.

Imaxes obtidas de:
http://es.nextews.com
www.pinterest.es
Desafío 2: AGUANTA COMO POIDAS!🚧⛏
Velaquí os resultados dalgúns dos nosos grupos. A verdade é que conseguir construír a ponte autoportante de Leonardo da Vinci non foi tarefa doada pero...con paciencia e traballo en equipo todo se consegue! Viva esa coordinación!
***En breve actualizaremos o blog con información referida ao seguinte desafío.
Novo desafío á vista!👷📐📃
Xa está ao chegar a segunda rotación do obradoiro STEM e, con ela, un novo reto a acadar!
Ide pensando en que consistirá con axuda destas pistas, que vos axudarán a afrontar mellor ese desafío...
Ide pensando en que consistirá con axuda destas pistas, que vos axudarán a afrontar mellor ese desafío...
Imaxes extraídas de:
https://piclitegt.pw/Estructuras-naturales-Estructuras-naturales-t.html
https://docplayer.es/19702622-1-estructuras-definicion-y-tipos-2-cargas-y-esfuerzos-en-las-estructuras-3-elementos-de-las-estructuras.html
Experimento I: CAÍDA LIBRE 🍳🍳🍳
Hoxe rematou a primeira rotación de STEM e xa todos os grupos enfrontaron o primeiro desafío: lanzar un ovo dende uns 5 metros de altura e conseguir que se manteña intacto.
A maioría dos grupos conseguírono, se ben outros descubriron por que non funcionou o seu invento.EXERCICIOS PARA UNHA MENTE STEM 📊🔬🔨🔎
Benvidos e benvidas ao obradoiro de STEM de 5º e 6º do CEIP Humberto Juanes!
Xa que en breve imos comezar as nosas actividades...que vos parece se comezamos a entrenar a mente para o STEM?
😏😏😏 Ide dándolle unha volta ás seguintes incógnitas ...
Tedes un pouco de axuda nas seguintes ligazóns. ⬇⬇⬇
Como caen os corpos? (web)
Por que caen os corpos? (web)
A materia e as súas propiedades (blog)
A forza da gravidade (vídeo)
A gravidade e a caída libre dos corpos (vídeo)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)